Programa Lamarr
Impulsada por Altia Consultores, S.A.
Bonificación de formación especializada na área dixital para estudantes universitarias de último curso.
Obxectivos:
Fomentar a presenza de mulleres no eido tecnolóxico, promovendo a formación especializada en tendencias dixitais e técnicas.
En qué consiste:
O Programa Lamarr impulsado pola empresa Altia consiste nunha bonificación do coste da formación especializada na área dixital (máster, programas de especialización, etc), asegurando a súa posterior contratación durante o período dun ano na área de especialización cursada.
A súa finalidade é enfocar a carreira profesional das universitarias cara unha especialización dixital colaborando cunha formación adaptada aos seus intereses e que incrementen as súas oportunidades laborais.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
A quen vai dirixido:
Estudantes universitarias de último curso, tanto de carreiras STEM como non STEM (Dereito, ADE, ...)