Programa Galicia Open Future_Retos industria 4.0

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Apoio de iniciativas emprendedoras no eido da transformación industrial de Galicia a través dun programa de innovación aberta para a resolución de retos tecnolóxicos e un programa de aceleración especializado.

Obxectivos: 
Impulsar o emprendemento no ámbito da Industria 4.0
En qué consiste: 

Galicia Open Future: retos Industria 4.0 é un programa de incentivación e apoio ao desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no eido da transformación industrial de Galicia, impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, que procura dirixir o talento emprendedor cara a resolución de problemas concretos da industria galega.

  • Programa de innovación aberta para a resolución de retos tecnolóxicos vinculados aos sectores produtivos de Galicia, contando coa implicación de empresas tractoras para o lanzamento dos retos a resolver por parte de startups e pemes.
  • Programa de aceleración personalizado (coaching, mentoring, apoio económico) en torno ás propostas seleccionadas para dar solución aos retos formulados.

A cada un dos retos lanzados poderán presentarse emprendedores, startups, pemes, centros tecnolóxicos e universidades, entre os cales se escollerá un gañador que terá a oportunidade de desenvolver un piloto da súa solución coa empresa tractora lanzadora dos retos. 

Tamén se seleccionan ata tres finalistas por cada un dos retos. Todos eles, gañador e finalistas, teñen acceso a un programa de aceleración dentro do programa de Open Future e a unha serie de axudas económicas outorgadas pola Xunta.

NOVA CONVOCATORIA: LANZAMENTO DUN NOVO RETO

PERIODO DE INSCRICIÓN: do 30 de outubro de 2019 ás 9:00 h. ao 27 de novembro de 2019 ás 18:00 h.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A quen vai dirixido: 

Startups, pemes, centros tecnolóxicos, universidades e emprendedores.

Datas: 
Do 01/01/2018 - 09:00 ata o 31/12/2019 - 09:00