Programa AceleraTech

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Programa executivo dirixido a formar a autónomos e directivos de pemes e micropemes galegas co obxectivo fundamental de que adquiran os coñecementos e habilidades precisas nas novas tendencias tecnolóxicas para impulsar procesos de transformación dixital na súa organización.

Obxectivos: 
Achegar aos directivos das pemes galegas as vantaxes que ofrecen as novas tendencias tecnolóxicas para potenciar a súa adopción.
En qué consiste: 

Programa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e os seus directivos coñezan algunhas das novas tendencias tecnolóxicas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocios das pemes. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

Estrutúrase en 5 sesións formativas de 8 horas cada unha e un taller final de 5 horas. As temáticas das sesións versarán sobre os seguintes aspectos:

  • A COMPETENCIA NA ERA DOS NEGOCIOS DIXITAIS
  • BIG DATA, DATA SCIENCE E INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  • INTERNET OF THE THINGS E 5G
  • BLOCKCHAIN
  • CIBERSEGURIDADE
  • CONSTRUÍNDO A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DA PEME: TALLER LEGO®  SERIOUS PLAY® 

Inscricións: As prazas para participar neste programa formativo son limitadas (habilitaranse 25 prazas), polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 1 de agosto ata o 1 de outubro ás 18.00 horas.

Lugar de celebración: Todas as sesións formativas desenvolveranse en xornadas de día completo (de 10:00 a 19:30) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Instalacións do GaiásTech. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura
A quen vai dirixido: 

Xerentes, propietarios de empresas e directivos de pemes. Persoas con capacidade de decisión nas súas empresas, que poidan impulsar e liderar nas mesmas unha transformación tecnolóxica real.

Datas: 
Do 22/10/2020 - 10:00 ata o 26/11/2020 - 19:30