O Core das TIC – DigiTalent

Impulsada por Coremain S.L.

Actividade que ofrece unha combinación de talleres de ideas, demos e/ou actividades lúdicas nas instalacións da empresa, achegando a nenos e nenas de 12 a 17 anos proxectos relacionados co ámbito das telecomunicacións.

Obxectivos: 
Mellorar a visión e percepción que teñen os estudantes do mundo TIC, achegándolles ao día a día dos profesionais que o forman.
En qué consiste: 

O Core das TIC busca dar a coñecer de unha maneira eminentemente práctica o labor dos profesionais do mundo TIC, ofrecendo a oportunidade a nenos e nenas de 12 a 17 anos de coñecer de primeira man proxectos e solución tecnolóxicas, dinámicas de traballo, actividades prácticas e lúdicas, etc. 
Realizaranse dinámicas e actividades de grupo entre o alumnado participante solicitándolles ideas e opinións sobre o que é para eles unha empresa TIC e poderán experimentar de cerca a dinámica diaria dunha área/departamento da empresa desenvolvendo talleres prácticos cos seus profesionais.

CELEBRACIÓN DA ACTIVIDADE: A actividade O Core das TIC desenvolveranse desde marzo ata finais do curso académico.

  • Lugar: sede de Coremain en Santiago de Compostela.
  • Horario: de 10h. a 14h.
  • Participantes por sesión: 8 – 10 alumnos/as.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 1 ao 28 de febreiro, a través do formulario habilitado na súa web (www.coremain.com/core-tic/) e indicando os datos requiridos: nome e apelidos do profesor que coordina a actividade, centro educativo e número de alumnos/as a participar. Unha vez finalizado sortearanse as prazas dispoñibles entre os centros educativos inscritos.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A actividade terá lugar na sede da empresa colaboradora
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 12 a 17 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
17
Datas: 
Do 01/03/2019 - 09:00 ata o 30/06/2019 - 20:00