Mática Campamento Tecnolóxico

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Talleres dirixidos a rapazas nos que se comparten coñecementos, contidos e ferramentas sobre tecnoloxías dixitais.
 

Obxectivos: 
Potenciar as vocacións tecnolóxicas e fomentar o atractivo das profesións dixitais entre as mozas.
En qué consiste: 

Mática é unha iniciativa que pretende crear unha comunidade de mozas pertencentes a distintas localidades con intereses TIC, como creadoras e futuras desenvolvedoras de tecnoloxía. O campamento tecnolóxico Mática estruturase a través de talleres dirixidos por profesoras e investigadoras das tres universidades galegas nos que, por grupos de idade (1º a 3º da ESO e 4º da ESO, Bacharelato e FP), se exploran temáticas relacionadas coas novas tendencias tecnolóxicas e onde se lles proporcionan:

  • Ferramentas e contidos que lles permita ver a tecnoloxía e as súas aplicacións na sociedade.
  • Coñecemento de mulleres do sector TIC, de distintos ámbitos (empresarial, administración pública, docente), as súas experiencias vitais e as súas visións profesionais.
  • Información e coñecemento que lles permita decidir a súa futura carreira profesional.

As actividades previstas na iniciativa Mática desenvolveranse de xuño a outubro. As primeiras xornadas celebraranse en horario de 9.30 a 14.30h os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño, coas seguintes temáticas confirmadas:

  • Taller de Intelixencia artificial.
  • Taller de programación móbil.
  • Taller de robótica.
  • Taller de pensamento computacional.

Ademais, celebraranse charlas sobre a Enxeñaría Informática como profesión.

Proximamente, publicaranse as datas dos seguintes talleres.

Datas de inscrición: Do 17/06/2021 ao 24/06/2021.
Lugar de celebración:

  • Campus da Coruña: Facultade de Informática da Coruña.
  • Campus de Ourense: Escola Superior de Enxeñería Informática.
  • Campus de Santiago: Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
  • Campus Online, con actividades de conexión remota.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Modalidade mixta: Presencial e online
A quen vai dirixido: 

Rapazas de 12 a 18 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 17/06/2021 - 09:00 ata o 31/10/2021 - 20:00