FUTURELAB+CODEFUN – DigiTalent
Impulsada por SIVSA, Soluciones Informáticas, S.A.
Actividade centrada nunha serie de talleres de ideas, demos e/ou actividades lúdicas que terán lugar nas instalacións da empresa, achegando a nenos e nenas de 12 a 17 anos proxectos relacionados cos ámbitos do coche conectado e a programación.
A actividade FUTURELAB+CODEFUN combina talleres e actividades centradas en dúas temáticas:
- Na primeira sesión, FutureLab, realizarase unha actividade en grupo e con participación activa do alumnado, solicitando aos nenos e nenas ideas de como lles gustaría que fose o coche do futuro: que funcionalidades tería, que medidas de seguridade dispoñería e como facilitaría a vida de todos.
- Na segunda sesión, CodeFun, ensinarase aos alumnos/as a través dunha forma rápida e sinxela os conceptos básicos da programación de videoxogos, facendo fincapé na aplicación dos conceptos de matemáticas, física e lóxica que estudan nos seus centros. Para iso, usarase a linguaxe Processing de código aberto, un dos máis importantes medios de ensinanza e de produción de proxectos multimedia e interactivos de deseño dixital.
CELEBRACIÓN DA ACTIVIDADE: A actividade FUTURELAB+CODEFUN desenvolverase desde marzo ata finais do curso académico.
- Lugar: sede de SIVSA, Soluciones Informáticas en Vigo (PTL de Vigo, Calle C, Nº C4 – 36315)
- Horario: de 10h. a 14h.
- Participantes por sesión: 10 alumnos/as.
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 1 ao 28 de febreiro, a través do formulario habilitado na súa web (https://www.sivsa.com/site/digitalent/) e indicando os datos requiridos: nome e apelidos do profesor que coordina a actividade, centro educativo e número de alumnos/as a participar. Unha vez finalizado sortearanse as prazas dispoñibles entre os centros educativos inscritos.
Nenos e nenas de 12 a 17 anos