Formacións técnicas - DigiTalent
Impulsada por Televés, S.A.
Actividades formativas dirixidas a estudantes da ESO e Bacharelato e vertebrada a través dunha serie de talleres en torno a temáticas como a robótica colaborativa, o deseño e a impresión 3D ou a iluminación LED.
Talleres para achegar a estudantes da ESO e Bacharelato as novas tecnoloxías, captando o seu interese cara o ámbito TIC baixo as seguintes temáticas:
TALLER DE ROBÓTICA COLABORATIVA (10 PRAZAS)
Tratarase de explicar e promover o debate entre o alumnado en relación ao concepto de robótica colaborativa, seguridade en máquinas e relación entre máquina e persoas. Logo dunha breve introdución ao concepto de industria, o alumnado será capaz de comprender a evolución da industrialización, así como do papel que xoga a robótica industrial no século XXI. A robótica colaborativa xa é presente e demostrarase con exemplos a maneira na que axuda nos procesos de fabricación da maneira máis eficiente.
- Data de celebración: mes de marzo
- Inscricións: do 1 ao 10 de febreiro, a través do correo digitalent@televes.com (indicando nome e apelidos do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos, escola de procedencia, motivo polo que se solicita a praza e no asunto “TALLER DE ROBÓTICA COLABORATIVA”).
ILUMINACIÓN LED (10 PRAZAS)
Introducirase a tecnoloxía LED dentro do ámbito enerxético como a tecnoloxía do futuro en iluminación, grazas as súas enormes vantaxes fronte a iluminación tradicional, dando exemplos de solucións que a día de hoxe estanse deseñando e comercializando.
- Data de celebración: mes de marzo
- Inscricións: do 1 ao 10 de febreiro, a través do correo digitalent@televes.com (indicando nome e apelidos do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos, escola de procedencia, motivo polo que se solicita a praza e no asunto “ILUMINACIÓN LED”).
DESEÑO E IMPRESIÓN 3D (10 PRAZAS)
Proporcionarase unha visión xeral das etapas de desenvolvemento industrial dun produto e do papel que xoga o pretest neste eido, os prototipos, antigamente maquetas de madeira, plástico, etc., que se foron transformando e refinando ata ser dispositivos que están máis preto do produto final grazas as diferentes técnicas que se repasarán neste curso: técnicas de mecanizado, de impresión 3D, realidade virtual. Ao rematar a formación o/a alumno/a será capaz de recoñecer os diferentes métodos de prototipado e discriminar de maneira analítica as vantaxes e desvantaxes de cada un, co obxectivo de identificar a solución adaptada a cada necesidade.
- Data de celebración: mes de abril
- Inscricións: do 1 ao 10 de marzo, a través do correo digitalent@televes.com (indicando nome e apelidos do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos, escola de procedencia, motivo polo que se solicita a praza e no asunto “DESEÑO E IMPRESIÓN 3D”).
Alumnado da ESO e Bacharelato