Formación sobre DFIR (Digital Forensic & Incident Response) e Análise Forense en Redes
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos
Curso en liña de 20 horas de duración, distribuídas en 4 xornadas lectivas de 5 horas cada unha, no que se impartirán contidos relacionados cos fundamentos da análise forense dixital en redes e coa detección, adquisición e preservación de evidencias dixitais cunha orientación práctica.
Nesta nova edición, abordaranse as seguintes áreas formativas: análise forense de rede; fontes de evidencia; metodoloxía ÓSCAR; topoloxías típicas de rede; conceptos de switching e routing; ataques de rede; despregamento de infraestrutura necesaria; ferramentas de captura de rede: Suite Wireshark; TCPFlows: ntop-ng e argus; despregamento de infraestrutura de IDS: snort, suricata, bro e Wazuh; ferramentas de monitorización de tráfico; Security Onion; intercepción, captura e análise de protocolos; exfiltración de información; fontes de evidencia: firewalls, proxies, WAFs e casos prácticos.
O curso será impartido un ano máis polo experto na materia Lorenzo Martínez, CTO en Securízame, titulado en Enxeñaría Superior en Informática pola Universidade de Deusto, con ampla formación especializada e experiencia en seguridade informática.
Aforo limitado a 20 participantes.
- Datas de celebración: 9, 10, 16 e 17 de setembro do 2022, de 16:00 a 21:00 h os venres e de 09:00 a 14:00h os sábados.
- Datas de inscrición: A partir do 26 de agosto de 2022
Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega.
Perfís técnicos e profesionais, maiores de 18 anos, vencellados á informática e a enxeñería técnica informática, ao hipersector TIC, a cargos de responsabilidade en seguridade, auditoras, consultoras así como outros profesionais con interese na materia.