Espazos de networking: Programa Tres14.pm

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Sesións con expertos/as en distintas materias que fomenten espazos de debate e networking.

Obxectivos: 
Dar visibilidade e proxectar una imaxe atractiva das oportunidades no eido dixital, en particular vinculados ás novas tendencias tecnolóxicas (intelixencia artificial, ciberseguridade, 5G, Blockchain, Industria 4.0...)
En qué consiste: 

O programa tres14.pm, impulsado pola Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), consiste na creación de espazos de debate, opinión, coñecemento e networking, invitando a expertos/as en distintas materias para que realicen unha exposición sobre a materia e un coloquio posterior. 

Temáticas: 

  • “Innovación, Robotización e BlockChain para optimizar os beneficios dos Fondos Next Generation”
    • Relator: Miguel Ángel Domínguez, Cofundador e CEO de Add4u. Presidente de Alastria. Enxeñeiro da Universidade Politécnica de Madrid. Programa de Liderado no Sector Público do IESE. Programa HBX Core de Harvard University. Actualmente MBA TPMBA.
    • Data de celebración: 23 de xullo, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “O xemelgo dixital como impulsor da transformación dixital na industria.”
    • Relator: Manuel Mejide, Director da compañía ILUX Visual Technologies
    • Data de celebración: 24 de setembro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “Ética e Deontoloxía na Enxeñería Informática. O selo de Empresa éTICa do CCI”
    • Relator: Darío Álvarez, Licenciado en Informática pola Universidade de Málaga e Doutor en Informática pola Universidade de Oviedo. Vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática do Principado de Asturias. Membro da Comisión de Ética e Deontoloxía do Consello de Colexios de Enxeñería Informática. Profesor do Departamento de Informática da Universidade de Oviedo da materia de Aspectos Sociais, Legais, Éticos e Profesionais da Informática. Perito Xudicial en Informática.
    • Data de celebración: 30 de setembro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “A cidade das TIC: Dixitalización e transformación dixital.”
    • Relator: Julio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña. Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE. Xerencias. Presidente da CIXUG. Presidente de FEUGA. Catedrático de Microbioloxía e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    • Data de celebración: 19 de outubro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “Tecnoloxía 5G: cara a conectividade do futuro.”
    • Relator: Eduard Martin, director de conectividade intelixente na Mobile World Capital Barcelona, onde dirixe e coordina o Observatorio Nacional de 5G e a iniciativa 5G Barcelona. Enxeñeiro en Informática e Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas pola Universidade Oberta de Catalunya e Diplomado en Tecnoloxías da Información por Cambridge (UCLES). Certificado en xestión da innovación por IESE.
    • Data de celebración: 20 de outubro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “A proba electrónica na xustiza.”
    • Relator: Ana Isabel Cabido, licenciada en Dereito pola USC, coa cualificación de Premio Extraordinario Fin de Carreira. Accedeu á Carreira Xudicial por oposición no 2011. Exerceu as súas funcións no Xulgado especializado de Vigo en produtos bancarios, preferentes e subordinadas.
    • Data de celebración: 28 de outubro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)
  • “Os novos fondos europeos e a súa aplicación na Estratexia de transformación dixital da Sanidade Galega”
    • Relator: Benigno Roson, director de solucións asistenciais do SERGAS.
    • Data de celebración: 29 de outubro, de 15 a 16h
    • Inscrición: Gaiástech (xunta.gal)

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Modalide mixta: Presencial e en liña a través de streaming
A quen vai dirixido: 

Profesionais do sector tecnolóxico e público xeral interesado.

Datas: 
Do 23/07/2021 - 08:00 ata o 30/10/2021 - 20:00