DXC Pinchos&Datos

Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.

Conxunto de charlas breves sobre temáticas relacionadas con tendencias tecnolóxicas como a tecnoloxía de datos, intelixencia artificial, aprendizaxe automática ou Big Data.

Obxectivos: 
Achegar as tendencias tecnolóxicas ao público xeral nun formato distendido e participativo, reforzando os coñecementos dixitais da cidadanía.
En qué consiste: 

DXC Pinchos&Datos é unha novidosa iniciativa de DXC Technology que busca achegar as novas tendencias tecnolóxicas ao público nun formato distendido, coa celebración de charlas curtas sobre temáticas dixitais de actualidade como a tecnoloxía de datos, a Intelixencia artificial, o Machine Learning ou o Big Data.

Os encontros contarán con relatores convidados da Universidade, a empresa e o sector público, que levarán a cabo unha breve exposición, duns 10 ou 15 minutos, acompañados de petiscos e bebidas para o público asistente. 

Nesta edición, a experiencia contará cos seguintes relatorios:

  • “Modamáticas”, impartida por Francisco José González Diéguez, Doutor en Matemática Aplicada.
  • “El valor de los datos para las AAPPs”, impartida por Carlos Javier Olalla Cano, Técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información na AMTEGA
  • “Detección de desinformación online relacionada con la salud”, impartida por Marcos Fernández Pichel, Investigador predoutoral no CiTIUS
  • “Como diseñar un avión a prueba de balas”, impartida por Andrea Vilar Álvarez, Analista de datos en DXC Technology

Tras os relatorios, abrirase unha mesa redonda na que o público poderá interactuar cos relatores plantexando as súas dúbidas ou inquedanzas e compartindo as súas ideas. 

Data de celebración: 25 de maio do 2023, ás 20h
Lugar de celebración: A Nave de Vidán, en Santiago de Compostela
 

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
A Nave de Vidán. Av. da Mestra Victoria Míguez, 44, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña
A quen vai dirixido: 

Cidadanía en xeral.

Datas: 
25/05/2023 - 20:00