CyberSec@GAL

Impulsado polas empresas colaboradoras

Segunda edición de CyberSec@GAL, evento referente da ciberseguridade en Galicia, con actividades sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.

Obxectivos: 
Formar e informar sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade no universo dixital.
En qué consiste: 

Nas dúas primeiras xornadas (o 2 e 3 de novembro) celebraranse talleres online destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario Galego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade. En concreto, abordaranse temáticas como a explotación de vulnerabilidades en servidores Windows ou a detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións.

A terceira xornada (4 novembro) orientarase a un perfil máis específico, cunha charla técnica e o lanzamento do Reto ciber-reto consistente en resolver problemas relacionados con temáticas como a criptografía, a análise forense, networking e reversing dotado cun premio de 500€ para o/a gañador/a.

O evento está impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade (desenvolvida en colaboración coas universidades da Coruña e Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, o CPEIG, ademais de institucións privadas galegas.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Online
A quen vai dirixido: 

Estudantes e recentemente licenciados

Datas: 
Do 02/11/2020 - 16:00 ata o 05/11/2020 - 15:00