Campamento Digitalia
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Campamento de verán cunha serie de obradoiros orientados a poñer en valor as capacidades e empregos dixitais.
Obxectivos:
Estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
En qué consiste:
Os campamentos Digitalia, postos en marcha por primeira vez pola Consellería de Política Social e en colaboración coa Amtega, están centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos a través do desenvolvemento de actividades que lles permitan achegarse ás tecnoloxías dunha forma práctica e lúdica.
Cunha duración dunha semana no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, os campamentos responden a tres temáticas diferentes:
- Vídeo Mapping: fai visible o que levas dentro: aprendizaxe sobre a composición de vídeos e a súa representación nocturna en edificios así como a utilización de ferramentas informáticas para que os nenos e nenas creen as súas propias animacións e compartilas cos seus compañeiros.
- A vista de paxaro: primeiros pasos con drons: coñecemento dos principios necesarios da tecnoloxía de drons, e mediante o emprego de ferramentas informáticas e manipulación de drons adaptados a súa idade, poden poñer en práctica os seus coñecementos e experimentar as grandes posibilidades desta tecnoloxía.
- Adestrando o meu robot: achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para a construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas e traballo en equipo, superando pequenas probas ou retos coa aplicación dos coñecementos aprendidos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 23/04/2019 - 07/05/2019
Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)
A quen vai dirixido:
Nenos e nenas de 13 a 14 anos
Idade mínima:
13
Idade máxima:
14
Datas:
Do 31/08/2019 - 09:00 ata o 07/09/2019 - 20:00