Bolsas DigiTalent
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Programa de bolsas para prácticas non laborais en empresas do sector TIC orientado a estudantes universitarios para promover a súa adaptación aos novos perfís dixitais e facilitar a súa incorporación ao sector.
Oferta de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico que estean a desenvolver proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como BigData, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións Cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, economía colaborativa ou wearables.
Durante a realización das prácticas, os bolseiros recibirán formación teórico-práctica e contarán co asesoramento, orientación e dirección dos responsables das empresas TIC.
Fases e prazos para o seu desenvolvemento
- Selección de entidades colaboradoras (novembro 2019)
- Os requisitos de participación, criterios de valoración para a selección de entidades colaboradoras das bolsas e demais detalles do programa especifícanse na convocatoria publicada no DOG núm. 217, do 14.11.2019.
- Amplíase o prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras ata o 29 de novembro de 2019. (DOG núm. 221, do 20.11.2019)
- Listado de entidades colaboradoras
- Convocatoria e selección de estudantes (xuño 2020)
- A convocatoria dirixida a estudantes de carreiras de Artes e humanidades, Ciencias, Ciencias da saúde, Ciencias sociais, Xurídicas, Arquitectura e Enxeñaría, que teñan máis do 75% e menos do 100% dos créditos aprobados está publicada no DOG núm. 44, do 05.03.2020.
- Prazas dispoñibles: 32 bolsas.
- Resolución provisional das persoas beneficiarias das Bolsas DigiTalent e das solicitudes denegadas
- Desenvolvemento das bolsas
- Duración das bolsas: 3 meses.
Estudantes de últimos cursos de carreiras de Artes e humanidades, Ciencias, Ciencias da saúde, Ciencias sociais, Xurídicas, Arquitectura e Enxeñaría.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 6.48 MB |
![]() | 136.23 KB |
![]() | 138.44 KB |
![]() | 131.23 KB |
![]() | 135.52 KB |
![]() | 134.38 KB |
![]() | 68.05 KB |
![]() | 220.28 KB |
![]() | 477.11 KB |