Actividades escolares no marco do Día de Internet 2022

Impulsada pola Asociación de Usuarios de Internet.
Retos e concursos para alumnado e profesorado de todos os niveis educativos preuniversitarios.

Obxectivos: 
Mellorar a visión que os rapaces e rapazas teñen das novas tecnoloxías e visibilizar a fenda dixital das persoas maiores a través de actividades lúdico-formativas.
En qué consiste: 

Actividades para o alumnado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e profesorado ao abeiro do Día de Internet 2022, que este ano se celebra baixo a temática “Internet para as persoas maiores e o envellecemento saudable”:

  • Concurso de contos, poesías e debuxos “Os maiores e Internet”, no que o alumnado de educación infantil e primaria poder participar amosando, dun xeito lúdico e creativo, como percibe o emprego da Internet polos maiores e as vantaxes que esta lles aporta.
  • Reto “Tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable”, dirixido ao alumnado de secundaria. En grupos de tres alumnos/as, os participantes poden competir desenvolvendo propostas nas que a tecnoloxía xogue un papel protagonista como ferramenta que facilita a vida dos nosos maiores.
  • Concurso de fotografía “A tecnoloxía e os maiores”, orientado ao estudantado de bacharelato. Instrucións para a participación na seguinte ligazón.

 

  • Datas de presentación: Do 21 de marzo ao 7 de maio de 2022.
  • Anuncio dos/as gañadores: O 17 de maio de 2022, no Acto Central do #diadeinternet.
  • Premios
    • Secundaria, primaria e ciclos inferiores: o alumnado gañador e o seu docente responsable serán premiados cunha tablet de última xeración.
    • Bacharelato, a segunda e terceira mellor foto recibirán unha tablet de última xeración, e a foto gañadora premiarase cunha cámara fotográfica profesional.

Doutra banda, celébrase o Concurso "Internet pon a Educación polas nubes”, aberto ao profesorado de calquera dos niveis educativos preuniversitarios. Trátase dun certame de vídeos-resumo que visibilicen as boas prácticas e experiencias interxeracionais desenvoltas nos centros educativos para fomentar a creación de espazos de aprendizaxe e intercambio de coñecementos entre a mocidade e as persoas maiores en torno ás novas tecnoloxías e Internet.  Instrucións para a participación na seguinte ligazón.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Centros Educativos
A quen vai dirixido: 

Alumnado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e profesorado.

Idade mínima: 
3
Datas: 
Do 21/03/2022 - 09:00 ata o 17/05/2022 - 18:00