DXC Iberia Codes - VII edición

Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.

Concurso de programación de videoxogos utilizando a tecnoloxía Scratch e Microsoft MakeCode, dirixido a estudantes de 2º de primaria ata 4º de secundaria.

Obxectivos: 
Achegar aos nenos e nenas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas dunha forma divertida, atractiva e fácil de desenvolver.
En qué consiste: 

DXC Iberia Codes é unha iniciativa de DXC Technology. Trátase dun concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando as tecnoloxías Scratch e Microsoft MakeCode.

Quen pode participar? O concurso vai dirixido a estudantes que se encontren cursando entre 2º de primaria e 4º curso de secundaria, en tres categorías: Kids (2º,3º e 4º de primaria), Junior (5º e 6ª de primaria e 1º de ESO) e Senior (2º, 3º e 4º de ESO).

Que hai que facer? Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto seguindo unha serie de pautas establecidas nas bases do concurso e entregando o produto final a través da web da organización. O día 2 de abril, pecharase o prazo para entregar os proxectos, que serán analizados por expertos do sector do videoxogo e a gamificación. Seleccionaranse os 5 mellores e, entre o 3 e o 28 de maio acompañaráselles nunha titoría para solucionar posibles erros e melloralos.

O día 12 de xuño realizarase a Gran Final nun evento en directo no que se mostrarán os proxectos finalistas e se anunciarán as persoas gañadoras de VII edición do DXC Iberia Codes.

Por que participar? Máis aló de achegalos a unha realidade que cada vez demanda máis profesionais na área das TIC, a experiencia de DXC Technology na aproximación ao universo da programación a través do ámbito educativo permitiunos contemplar a recepción positiva que xera este tipo de actividades entre a poboación estudantil e o aumento da súa motivación, autonomía e creatividade. Ademais, os equipos gañadores de cada categoría reciben un premio.

Temática. Nesta edición, DXC Iberia Codes, impulsa a misión “Constrúe o futuro que imaxinas”, que invita a poñer a proba a creatividade e talento tecnolóxico da rapazada, creando un videoxogo sobre como imaxinan o mundo do futuro e que retos teremos que afrontar.  

Datas de celebración: Dende o 29/09/2026 ata 12/06/2027.

Datas de inscrición e entrega de proxectos: Ata o 02 de abril de 2027.

Datas de entrega de premios: 12 de xuño de 2027.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
A quen vai dirixido: 

Estudantes que cursen desde 2º de primaria hasta 4º de secundaria.

Idade mínima: 
7
Idade máxima: 
15
Datas: 
Do 29/09/2026 - 13:30 ata o 12/06/2027 - 13:30