DXC Iberia Codes - VII edición
Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.
Concurso de programación de videoxogos utilizando a tecnoloxía Scratch e Microsoft MakeCode, dirixido a estudantes de 2º de primaria ata 4º de secundaria.
|
DXC Iberia Codes é unha iniciativa de DXC Technology. Trátase dun concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando as tecnoloxías Scratch e Microsoft MakeCode. Quen pode participar? O concurso vai dirixido a estudantes que se encontren cursando entre 2º de primaria e 4º curso de secundaria, en tres categorías: Kids (2º,3º e 4º de primaria), Junior (5º e 6ª de primaria e 1º de ESO) e Senior (2º, 3º e 4º de ESO). Que hai que facer? Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto seguindo unha serie de pautas establecidas nas bases do concurso e entregando o produto final a través da web da organización. O día 2 de abril, pecharase o prazo para entregar os proxectos, que serán analizados por expertos do sector do videoxogo e a gamificación. Seleccionaranse os 5 mellores e, entre o 3 e o 28 de maio acompañaráselles nunha titoría para solucionar posibles erros e melloralos. O día 12 de xuño realizarase a Gran Final nun evento en directo no que se mostrarán os proxectos finalistas e se anunciarán as persoas gañadoras de VII edición do DXC Iberia Codes. Por que participar? Máis aló de achegalos a unha realidade que cada vez demanda máis profesionais na área das TIC, a experiencia de DXC Technology na aproximación ao universo da programación a través do ámbito educativo permitiunos contemplar a recepción positiva que xera este tipo de actividades entre a poboación estudantil e o aumento da súa motivación, autonomía e creatividade. Ademais, os equipos gañadores de cada categoría reciben un premio. Temática. Nesta edición, DXC Iberia Codes, impulsa a misión “Constrúe o futuro que imaxinas”, que invita a poñer a proba a creatividade e talento tecnolóxico da rapazada, creando un videoxogo sobre como imaxinan o mundo do futuro e que retos teremos que afrontar. Datas de celebración: Dende o 29/09/2026 ata 12/06/2027. Datas de inscrición e entrega de proxectos: Ata o 02 de abril de 2027. |
Datas de entrega de premios: 12 de xuño de 2027.
Estudantes que cursen desde 2º de primaria hasta 4º de secundaria.