X Scratch Day

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.

Actividade lúdico-formativa onde rapaces e rapazas, pais, nais e docentes poderán achegarse á programación coa tecnoloxía Scratch.

Obxectivos: 
Espertar e fomentar as vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás, impartindo e difundido os valores e nocións de programación informática na contorna familiar e académica a través de actividades prácticas, sen necesidade de coñecemento profundo en linguaxes de programación.
En qué consiste: 

Nova edición do Scratch Day, unha iniciativa que achega dun xeito lúdico e práctico a linguaxe de programación Scratch aos máis novos e novas, co obxectivo de espertar e impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas na infancia e a adolescencia.

O Scratch Day configúrase como unha xornada intensiva de carácter dinámico e interactivo, orientada a divulgar os valores da programación informática entre rapaces e rapazas de 7 a 15 anos e as súas familias, así como docentes interesados en incorporar o Scratch á contorna académica para incentivar e fomentar a creatividade, a motivación, a autonomía e a capacidade de resolución de problemas dende a escola.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega.

As xornadas terán lugar nas aulas CeMIT de Tui (20 de setembro); Guitiriz (27 de setembro), A Coruña (04 de outubro) e Cuntis (4 de outubro). Adicionalmente, celebrase unha xornada na sala Eisenman da Cidade da Cultura o 18 de outubro.

 

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Aulas CeMIT e Cidade da Cultura
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 7 a 15 anos, pais, nais e docentes

Idade mínima: 
7
Idade máxima: 
15
Datas: 
Do 20/09/2025 - 09:30 ata o 18/10/2025 - 14:00