Tecnólog@ por un día ONLINE

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Actividade na que os participantes se achegarán en primeira persoa ás profesións dixitais a través da inmersión en proxectos reais ou con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior.

Obxectivos: 
Ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Tecnólogo por un día é unha actividade na que estudantes de 15 a17 anos poderán experimentar distintos aspectos das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. En concreto, os/as participantes poderán elixir entre tres modalidades distintas de sesión: 

  • DIGITAL BEGINNER. Talleres prácticos, resolución de retos e/ou problemas de proxectos reais de forma remota. O obxectivo é que os/as participantes descubran as profesións dixitais a través da inmersión na realidade destes traballos da man de profesionais voluntarios/as con actividades/casos prácticos que lles permitan achegarse ás ferramentas e coñecementos empregados no día a día.
  • DIGITAL RECRUIT. Cita con responsables de talento nas empresas TIC para dar a coñecer as capacidades que demandan as empresas do sector ou mesmo como sería unha entrevista para o seu futuro traballo.
  • MENTORING DIGITALENT. Encontro distendido con profesionais de ampla traxectoria profesional no que os participantes poderán mellorar a súa comprensión e entendemento das profesións dixitais e afondar en aspectos como a resolución de dúbidas vocacionais, expectativas sobre o futuro académico-profesional, etc.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (ata o 7 de abril)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades e as empresas colaboradoras, que o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

ASIGNACIÓN DE PRAZAS
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público. Para contribuír a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM reservarase un terzo das prazas para as nenas.
Como resultado, publicarase nesta web a listaxe provisional de prazas que recollerá o estado de cada solicitude (Asignada, Reserva ou Non asignada) para, posteriormente, realizar a correspondente comunicación aos docentes a través do email sinalado no formulario de inscrición.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (do 12 abril ao 7 maio)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da sesión e enviarán por correo electrónico tanto ao alumnado como aos docentes as instrucións para conectarse (incluíndo ligazóns ou calquera outro requisito necesario para o seu adecuado desenvolvemento). 

Documentación de interese
Está dispoñible o manual do docente para consultar os aspectos clave e os consellos prácticos de cara o desenvolvemento da actividade.
Tamén se encontra dispoñible o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo unha vez cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Online
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 15 a 17 anos

Idade mínima: 
15
Idade máxima: 
17
Datas: 
Do 08/03/2021 - 09:00 ata o 07/05/2021 - 15:00