Tecnólog@ por un día - 6ª Edición

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Actividade na que os participantes se achegarán en primeira persoa ás profesións dixitais a través da inmersión en proxectos reais ou con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior.

Obxectivos: 
Ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

Nesta sexta edición, que se desenvolverá presencialmente, ofértanse máis de 50 prazas, distribuídas en dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (do 11 de marzo ata o 1 de abril de 2022)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades e as empresas colaboradoras, que o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

ASIGNACIÓN DE PRAZAS (6 de abril ás 09:00h no Edificio CINC da Cidade da Cultura)
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará o día 6 de abril ás 09:00h no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir desa data realizarase a correspondente comunicación aos docentes a través do email sinalado no formulario de inscrición.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (do 18 de abril ao 27 de maio)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e enviarán por correo electrónico tanto ao alumnado como aos docentes as instrucións. 

Documentación de interese
Está dispoñible o manual do docente para consultar os aspectos clave e os consellos prácticos de cara o desenvolvemento da actividade.
Tamén está dispoñible o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo unha vez cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Empresas TIC
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 12 a 17 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
17
Datas: 
Do 11/03/2022 - 09:00 ata o 27/05/2022 - 15:00