Tecnólog@ por un día - 5ª Edición

Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Actividade na que os participantes se achegarán en primeira persoa ás profesións dixitais a través da inmersión en proxectos reais ou con encontros con responsables de talento ou profesionais sénior.

Obxectivos: 
Ofrecer aos nenos e nenas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas.
En qué consiste: 

Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

Nesta quinta edición, marcada pola volta á presencialidade, ofértanse máis de 60 prazas, distribuídas en dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (ata o 3 de novembro de 2021)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades e as empresas colaboradoras, que o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

ASIGNACIÓN DE PRAZAS (5 de novembro ás 09:00h no Edificio CINC da Cidade da Cultura)
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará o día 5 de novembro ás 09:00h no Edificio CINC da Cidade da Cultura. Posteriormente, o luns 8 de novembro realizarase a correspondente comunicación aos docentes a través do email sinalado no formulario de inscrición.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (do 10 de novembro ao 10 de decembro)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e enviarán por correo electrónico tanto ao alumnado como aos docentes as instrucións. 

Documentación de interese
Está dispoñible o manual do docente para consultar os aspectos clave e os consellos prácticos de cara o desenvolvemento da actividade.
Tamén se encontra dispoñible o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo unha vez cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Empresas TIC
A quen vai dirixido: 

Nenos e nenas de 12 a 17 anos

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
17
Datas: 
Do 21/10/2021 - 09:00 ata o 10/12/2021 - 15:00