Startups R DiCo Challenge
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Concurso de retos baseados nas necesidades ou produtos do operador galego para a súa resolución por parte de terceiros a través da innovación aberta.
Startup R DiCo Challenge é a aceleradora focalizada nos contidos dixitais en Galicia posta en marcha pola Amtega e o operador R, que a través do lanzamento dun concurso para a resolución de retos no ámbito dos contidos dixitais, o seu obxectivo é canalizar talento e proxectos innovadores, fomentar o emprendemento e impulsar o sector.
O programa comeza co lanzamento de 5 retos tecnolóxicos en torno a temáticas como o gaming, publicidade e marketing, novos contidos e experiencias, formación innovadora, realidade virtual e aumentada, modelos de negocio, Internet das Cousas (IoT) e Intelixencia Artificial (IA), contidos sociais, apps Android, seguridade e propiedade, contidos enriquecidos, distribución, audiovisual... etc.
De entre todas as candidaturas presentadas para a resolución dos retos, selecciónanse 20 proxectos. Posteriormente deberán preparar o seu modelo de negocio para poder ser seleccionados os 5 mellores, que serán os que recibirán apoio durante 4 meses e presentarán os resultados obtidos nun Demo Day ao remate da súa aceleración.
Os 5 retos seleccionados recibirán formación adaptada ás necesidades do proxecto e acompañamento permanente dos mentores e titores da empresa, así como o acceso a un espazo de traballo no coworking startups R.
Período de inscrición: PECHADO
Axentes do sector de contidos dixitais