Programa UNIQA - DigiTalent
Impulsado por NTT DATA SPAIN S.L.U.
Sesións para o desenvolvemento de competencias profesionais, dirixido a universitarias que saen ao mercado laboral.
Programa formativo e inspiracional no que se guía ás participantes para espertar as súas competencias e tomar conciencia das súas habilidades, impulsando o seu desenvolvemento profesional e empoderándoas para facer fronte as barreiras instauradas no mercado laboral e romper coa fenda de xénero existente no eido das profesións STEAM.
O programa estrutúrase en catro sesións de entre 2 e 4 horas de duración que se desenvolverán semanalmente de febreiro a marzo de 2022, impartidas por profesionais referentes da Diversidade e Inclusión en NTT DATA:
- Módulo 1: Identify. Sesión dedicada ao autocoñecemento e ao posicionamento.
- Módulo 2: Believe. Xornada para o desenvolvemento da autoconfianza e a autoestima para impulsar o crecemento persoal.
- Módulo 3: Come On. Obradoiro de storytelling enfocado á comunicación e exposición fronte a sociedade.
- Módulo 4: Share. Xornada de peche do programa, para a compartición de experiencias con referentes inspiradores.
Datas de celebración:
- Modulo 1: 15 de febreiro do 2022 (en liña).
- Módulo 2: 22 de febreiro do 2022 (en liña).
- Módulo 3: 2 de marzo do 2022 (en liña).
- Módulo 4: 8 de marzo do 2022 (presencial, nas oficinas de NTT Data en A Coruña).
O Programa UNIQA é unha acción enmarcada no convenio de colaboración da Cátedra de NTT DATA coa Universidade de Diversidade e Tecnoloxía.
Alumnas de 4º curso das carreiras STEM da Universidade da Coruña (UDC) e mestrados relacionados.