Programa EngageTIC
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Accións formativas que permitan a titulados e profesionais adquirir as capacidades dixitais que lles poidan resultar necesarias para acceder a novas profesións dixitais.
O Programa EngageTIC consiste no deseño e posta en marcha de accións formativas, como programas de formación intensiva ou cursos de formación específicos, que permitan a titulados e profesionais adquirir as capacidades dixitais que, complementando os coñecementos nas súas disciplinas, lles poidan resultar necesarias para acceder a novas profesións dixitais (nichos de emprego vinculados ás TIC no seu sector ou reorientación cara a profesións dixitais) .
Titulados ou traballadores procedentes de disciplinas afíns ás TIC