Programa Connecting for Good Galicia

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Centro de emprendemento para apoiar a emprendedores ou pemes de recente creación en proxectos de negocio que contribúan á innovación social dixital.

Obxectivos: 
Conseguir que os proxectos dos emprendedores e pemes se volvan negocios reais, e os seus produtos ou servizos despeguen con garantía de éxito.
En qué consiste: 

Con esta iniciativa, a Fundación Vodafone España e a Xunta de Galicia fomentan o desenvolvemento de solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles na Comunidade.

O programa consiste nun centro de emprendemento orientado a apoiar a emprendedores ou pemes na creación e desenvolvemento de proxectos de negocio, e en concreto aqueles que resolvan algún reto social no eido da educación, saúde ou participación cidadá.

En cada convocatoria, os proxectos seleccionados acceden a un programa de formación e mentoring (asesoría experta en temas de negocio, comunicación, vendas e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado a cada proxecto). Por outra banda, contarán con apoio económico que comprende o patrocinio de ideas emprendedoras e axudas para a posta en marcha de proxectos emprendedores, así como o acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia na Cidade da Cultura.

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
Espazo ‘Vodafone Connecting for Good’ situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
A quen vai dirixido: 

Emprendedores e Pemes

Datas: 
Do 01/01/2018 - 00:00 ata o 31/12/2019 - 23:45