Nativos R – DigiTalent
Impulsado por R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U.
Talleres para orientar a pais/nais/titores no uso seguro da Internet e redes sociais por parte dos nenos/as e divulgar os novos conceptos asociados a elas (sexting, grooming, etc.).
Obxectivos:
Desmitificar a crenza de considerar aos nativos dixitais competentes en tecnoloxía polo feito de nacer con ela e informar sobre o cambio dixital actual.
En qué consiste:
Nativos R é un programa centrado no desenvolvemento de talleres e charlas divulgativas en distintos concellos galegos para aquela xeración que non creceu na era dixital. Faranse coincidir simultaneamente nunha mesma localidade talleres NativosR xunto con talleres CreaR, co obxecto de proporcionar actividades a todos os membros das familias na mesma celebración.
Os ámbitos a tratar nas charlas recollen temáticas como:
- Que redes sociais usan os menores e como funcionan?
- Mitos e lendas sobre nenos/as e internet
- Principais riscos da internet: contidos, sexting e ciberacoso.
- Como previr: mediación activa na seguridade
- Legalidade e Internet: aspectos básicos
- Identidade dixital positiva: o mellor de ti na Rede
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado:
Pechado
Lugar de celebración:
Distintos concellos de Galicia
A quen vai dirixido:
Pais, nais, avós/avoas, titores, etc.
Datas:
Do 01/03/2020 - 09:00 ata o 31/12/2020 - 20:00