IURISTICGAL: XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
IURISTICGAL: XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos – Antoloxía 2010-2022
Undécima edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, que supón un espazo de encontro e networking entre profesionais do sector xurídico para a abordar os retos e desafíos que a transformación tecnolóxica da Administración de Xustiza afrontará nos próximos anos.
Nesta nova edición, a xornada realiza unha retrospectiva polas edicións anteriores, unha antoloxía 2010-2022 coa que se afondará no debate do presente e futuro da modernización da Xustiza co foco na dixitalización administrativa, a investigación de ciberdelitos no metaverso, a defensa dos dereitos fundamentais na sociedade dixital e outras temáticas de actualidade ao redor do dereito e a tecnoloxía da man dos/as profesionais e expertos invitados.
- Data de celebración: Xoves, 20 de outubro de 2022.
- Datas de inscrición: Desde o 24 de setembro.
- Máis información: iuristicGal2022
Aforo limitado.
Esta actividade realízase no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia e contará coa colaboración do GaiásTech.
Xuristas, profesionais do dereito, outros profesionais forenses e público en xeral interesados nos avances da modernización xudicial, tecnoloxía e dereito.