GenTech – DigiTalent

Impulsada por Altia Consultores, S.A.

Programa centrado na presentación de proxectos de base tecnolóxica para estudantes de Bacharelato, que lles permita coñecer as opcións profesionais e a realidade do sector TIC.

Obxectivos: 
Fomentar o atractivo vocacional cara as carreiras profesionais STEM e achegar aos centros de bacharelato as oportunidades laborais no sector tecnolóxico.
En qué consiste: 

VI edición do GenTech, unha actividade destinada a centros educativos que imparten 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato para dar a coñecer aos seus alumnos e alumnas a importancia dos profesionais TIC e as oportunidades laborais que existen actualmente.

Os centros inscritos contarán cunha sesión GenTech para dar a coñecer as oportunidades no mercado laboral actual e futuro vencellado ao mundo TIC, achegando as profesións dixitais aos estudantes. Mediante a presentación de proxectos de base tecnolóxica, estas sesións dixitais contarán coa participación de profesionais de Altia, que expoñerán en primeira persoa a súa experiencia desde unha perspectiva real, práctica e inspiradora, creando un espazo aberto para a conversa co alumnado co obxectivo de espertar o seu xene tecnolóxico.

  • Datas de inscrición: Ata o 31 de xaneiro de 2025. 
  • Datas de celebración: Do 1 de febreiro de 2025 ao 30 de abril de 2025.
Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A actividade celebrarase nos centros educativos interesados
A quen vai dirixido: 

Alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato

Idade mínima: 
15
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 02/01/2025 - 09:00 ata o 30/04/2025 - 18:00