DXC Iberia Codes – DigiTalent
Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.
Concurso de programación de videoxogos utilizando a tecnoloxía Scratch e Microsoft MakeCode, dirixido a estudantes de 2º de primaria ata 4º de secundaria.
DXC Iberia Codes é unha iniciativa de DXC Technology. Trátase dun concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando as tecnoloxías Scratch e Microsoft MakeCode.
Quen pode participar? O concurso vai dirixido a estudantes españois que se encontren cursando entre 2º de primaria e 4º curso de secundaria, en tres categorías: Kids (2º, 3º e 4º de primaria), Junior (5º e 6º de primaria) e Senior (2º, 3º e 4º de ESO).
Que hai que facer? Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto seguindo unha serie de pautas establecidas nas bases do concurso e entregando o produto final a través da web da organización.
O día 2 de abril, pecharase o prazo para entregar os proxectos, que serán analizados por expertos do sector videoxogo e a gamificación. Seleccionaranse os 5 mellores e, durante o mes de abril e maio acompañaránselles nunha titoría semanal dunha hora para solucionar posibles erros e melloralos.
O día 7 de xuño realizarase a Gran Final nun evento en directo retransmitido por Twitch no que mostraremos os proxectos finalistas e anunciaremos os gañadores de DXC Iberia Codes 2025.
Por que participar? Máis aló de achegalos a unha realidade que cada vez demanda máis profesionais na área das TIC, a experiencia de DXC Technology na aproximación ao universo da programación a través do ámbito educativo permitiunos contemplar a recepción positiva que xera este tipo de actividades entre a poboación estudantil e o aumento da súa motivación, autonomía e creatividade. Ademais, os equipos gañadores de cada categoría reciben un premio.
Temática. Nesta edición, o desafío centrarase no despercidio alimentario. DXC Iberia Codes busca sensibilizar aos mozos e mozas sobre a importancia de reducir este desperdicio, promovendo un futuro máis sostible e xusto para todos.
- Datas de celebración: Dende o 08/11/2024 ata o 07/06/2025.
- Datas de inscrición e entrega de proxectos: Ata o 02 de abril de 2025.
- Datas de entrega de premios: 07 de xuño de 2025.
Estudantes que cursen desde 2º de primaria hasta 4º de secundaria.