DXC Iberia Codes – DigiTalent
Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.
Concurso de programación de videoxogos utilizando a tecnoloxía Scratch dirixido a estudantes españois e portugueses que se encontren cursando desde 5º de primaria ata 4º de secundaria.
DXC Iberia Codes é unha iniciativa de DXC Technology. Trátase dun concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.
Quen pode participar? O concurso vai dirixido a estudantes españois e portugueses que se encontren cursando entre 5º de primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º e 6º de primaria xunto con 1º de ESO) e Senior (2º, 3º e 4º de ESO).
Que hai que facer? Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto seguindo unha serie de pautas establecidas nas bases do concurso e entregando o produto final a través da web da organización. Posteriormente o xurado, formado por voluntarios de DXC Technology, avaliará todos os traballos en base á creatividade, orixinalidade, precisión, méritos técnicos e boas prácticas de programación.
Por que participar? Máis aló de achegalos a unha realidade que cada vez demanda máis profesionais na área das TIC, a experiencia de DXC Technology na aproximación ao universo da programación a través do ámbito educativo permitiunos contemplar a recepción positiva que xera este tipo de actividades entre a poboación estudantil e o aumento da súa motivación, autonomía e creatividade. Ademais, os equipos gañadores de cada categoría reciben un premio.
Estudantes de España e Portugal que cursen desde 5º de primaria ata 4º de secundaria