DigiTalent Sessions Stage I
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Sesións divulgativas con profesionais considerados referentes pola poboación máis nova para dar visibilidade á evolución nos distintos sectores como consecuencia da transformación dixital.
DigiTalent Sessions Stage I é un programa composto por un ciclo de sesións divulgativas para dar visibilidade á evolución que se produce nos distintos sectores como consecuencia da transformación dixital e a posta en valor dos novos nichos de emprego que xorden como consecuencia da aplicación de diferentes disciplinas ás novas tecnoloxías.
As sesións contarán para o seu desenvolvemento coa participación de profesionais considerados referentes pola poboación máis nova (fundadores de startups, creadores de aplicacións, deseñadores de videoxogos...)
Estudantes e profesionais de ámbitos afíns ás TIC