DigiCraft no teu cole

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e a experimentación.

Obxectivos: 
Axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.
En qué consiste: 

DigiCraft no teu cole é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España que ten por obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital, en liña co Marco de Competencia Dixital para o Cidadán definido pola Comisión Europea (DigComp 2.1) a través de:

  • Formación para os educadores/profesores para que poidan impartir o programa nas aulas
  • Acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa (plataforma Web DigiCraft)
  • Dotación de material para cada centro, que permita aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas (12 tablets e 2 kits tecnolóxicos “Instant Digital Skills”)
  • Soporte dispoñible para calquera incidencia relacionada coa plataforma web ou a posta en marcha das actividades.

Os centros educativos elixirán en que modalidade adherirse ao proxecto: dado que a competencia dixital se atopa presente en todo o currículo educativo de primaria, a proposta formativa pode ser impartida tanto en horario escolar, no marco dunha materia ou materias específicas, como en horario extraescolar, como complemento á actividade formal. En concreto, en cada curso académico impartiranse 2 itinerarios formativos de 14 horas de duración cun total de 28 horas de actividade.

Este programa está baseado na metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación para axudar aos nenos e nenas a adaptarse á sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A SELECCIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS: 11/07/2019 – 30/09/2019

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Centros educativos
A quen vai dirixido: 

Alumnos e alumnas de 6 a 12 anos

Idade mínima: 
6
Idade máxima: 
12
Datas: 
Do 11/07/2019 - 09:00 ata o 30/06/2020 - 20:00