CyberSec@GAL
Impulsado polas empresas colaboradoras
Segunda edición de CyberSec@GAL, evento referente da ciberseguridade en Galicia, con actividades sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.
A cuarta xornada do evento CyberSec@GAL desenvolverase de forma semipresencial o 5 de novembro, dirixida ao ecosistema empresarial galego e, baixo o título “Riscos no teletraballo” contará con expertos internacionais e cunha mesa redonda específica nesta temática.
Ao peche do evento presentaranse os premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG.
O evento está impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade (desenvolvida en colaboración coas universidades da Coruña e Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, o CPEIG, ademais de institucións privadas galegas.
Profesionais