Curso Análise Forense Dixital e Resposta ante Incidentes
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Curso en liña de 20 horas de duración desenvolvido en 4 sesións e estruturado en dous bloques no que se impartirán contidos relativos aos aspectos legais e técnicos da análise forense dixital.
Os formadores expertos na materia, Lorenzo Martínez (CTO en Securízame) e Víctor Salgado (Socio-Manager en Pintos & Salgado Abogados, S.C.) amosarán aos participantes en streaming desde o Gaiás Tech os conceptos clave nos que se basea unha análise forense e brindarán aos asistentes os coñecementos necesarios para a análise da evidencia contida nos medios dixitais.
- Datas de celebración:
- Venres 24 de setembro, de 16.30 a 21.00 horas
- Sábado 25 de setembro, de 09.00 a 14.30 horas
- Venres 1 de outubro, de 16.00 a 20.00 horas
- Sábado 2 de outubro, de 09.00 a 14.00 horas
- Datas de inscrición: Ata o 23 de setembro
Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega, nunha iniciativa incluída nas accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
Público técnico e profesional, maior de 18 anos, interesado en adquirir coñecementos en materia de informática forense.