CreaR – DigiTalent
Impulsada por R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U
Actividade que combina talleres de robótica dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 anos e charlas informativas e didácticas destinadas a pais/nais/titores sobre o uso de Internet e as novas tecnoloxías.
Experiencia lúdica a través de talleres de robótica baseados na programación e construción dun prototipo de cidade: un coche de plastilina conductiva, un semáforo programado e unha barreira de acceso son algunhos dos proxectos que poden desenvolver os nenos e nenas durante a actividade.
Ademais, pais/nais/titores poderán acudir a charlas informativas sobre a educación na era dixital e o bo uso de Internet e as redes sociais.
Charlas en liña durante o mes de xuño
Consellos para que os nenos usen ben as novas tecnoloxías
Por mor das circunstancias actuais, non é posible a celebración dos talleres de robótica. Por iso, no marco da iniciativa a empresa R ofrece unha serie de charlas en liña sobre como afrontar os retos que expoñen as novas tecnoloxías no día a día dos máis novos, impartidas por un pedagogo especializado.
As primeiras charlas realizadas de maneira virtual debido ás circunstancias actuais, xa están dispoñibles ao completo na canle de YouTube da empresa. Se non puideches asistir ou queres volver a velas podes facelo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PLR_ZewFK0aVA8j8u6D7niKCbD--J5WyKa
Nenos e nenas entre 7 e 12 anos