Charlas DigiTalent DXC

Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.

Charlas en centros educativos sobre temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais.

Obxectivos: 
Promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos e fomentar o atractivo das carreiras profesionais STEM.
En qué consiste: 

Charlas a impartir en centros educativos de Secundaria e Bacharelato co obxectivo de achegar o mundo TIC ao alumnado e mellorar a súa visión das posibilidades que ofrece.

Con esta iniciativa, DXC Technology pretende promover o atractivo das carreiras STEM, achegando conceptos como a Intelixencia Artificial e a Ciencia de Datos aos centros educativos a través da experiencia dos seus profesionais. 

Inscricións:
O CEIN de DXC Technology en Santiago de Compostela porase en contacto cos centros educativos para ofertar as charlas e concretar a data e o horario das mesmas, que se fixarán atendendo á dispoñibilidade do relator e do centro educativo correspondente.

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A actividade celebrarase nos centros educativos interesados.
A quen vai dirixido: 

Alumnado de Secundaria e Bacharelato dos centros educativos de Santiago de Compostela e arredores.

Datas: 
Do 01/10/2022 - 08:30 ata o 31/05/2023 - 08:30