Charlas DigiTalent
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Oferta agregada de charlas para a súa impartición en centros educativos sobre temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais.
As Charlas DigiTalent son un programa de charlas a impartir en centros educativos co obxectivo de mellorar a visión e percepción que o alumnado ten do mundo TIC. A través da colaboración de grandes empresas do sector, achegarase aos centros educativos a experiencia e proxectos dos profesionais que as conforman, baixo temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.
Os centros educativos poderán inscribirse ás charlas nas que estean interesados consultando a listaxe de charlas ofertadas polas empresas colaboradoras e a temática das mesmas, coa finalidade de promover no seu centro o atractivo vocacional das carreiras STEM.
Desenvolvemento da actividade
- Os centros educativos interesados poden solicitar a inscrición en ata 3 charlas distintas a través do formulario habilitado para a inscrición, para recibir nas súas instalacións os obradoiros.
- As prazas dispoñibles asignaranse aplicando o resultado dun sorteo que se realizará unha vez rematado o prazo de inscrición tendo en conta as opcións sinaladas no formulario.
- A continuación, serán as empresas as que se poñan en contacto cos centros educativos para concretar a data e o horario da charla a través do número de teléfono indicado no formulario.
- No caso de resultar necesario contar con autorizacións asinadas polos pais/nais/titores legais será o centro educativo o encargado da xestión.
Listado de Charlas DigiTalent
- Sociedade dixital
- Oportunidades TIC e desmontar estereotipos (everis - 8 charlas) [11 a 13 anos]
- Razóns para estudiar informática (Indra - 1 charla) [Secundaria e Bacharelato]
- Uso responsable da tecnoloxía (Ciberacoso, sexteo...) (Orange - 10 charlas) [11-14 anos]
- Tecnoloxía para mellorar a vida das personas (Indra - 2 charlas) [15-18 anos]
- Tecnoloxías
- Xeración de escenarios 3D para simuladores aéreos (Indra - 1 charla) [FP, Bacharelato]
- Automatización da administración pública. Proxectos SmartCity (Indra - 1 charla) [15-18 anos]
- Blockchain e Territorio intelixente (Iecisa - 2 charlas) [14-16 anos]
- Drons. Drons e medio-ambiente. Drons mariños (Indra - 6 charlas) [14-16 anos]
- Biomedicina
- Informática visual en biomedicina (CiTIUS - 2 charlas zona Santiago de Compostela) [12-14 anos]
- Visión Artificial e Imaxe Biomédica (CiTIUS - 5 charlas) [> 15 anos]
- Ciencia de datos
- Ciencia de datos (Altia - 3 charlas) [14-17 anos]
- Ciberseguridade, ciencia do dato e intelixencia artificial (Gradiant - 4 charlas) [6º Primaria, 1º a 4º ESO, 1º Bacharelato]
- Intelixencia artificial e ciencia de datos (DXC Technology - 2 charlas) [16-18 anos]
- Intelixencia artificial
- Intelixencia Artificial (Indra - 2 charlas) [16-18 anos]
- Intelixencia Artificial (CiTIUS - 3 charlas na provincia da Coruña) [> 14 anos]
- Intelixencia artificial explicable (CiTIUS - 4 charlas cerca de Santiago) [1º e 2º Bacharelato]
- 5G. Intelixencia Artificial. Sensórica (Vodafone - 1 charla) [16-18 anos]
- Transformación dixital
- Intelixencia Artificial e transformación dixital (Indra - 2 charlas) [16-18 anos]
- Arquitecturas tecnolóxicas, Transformación dixital. Facenda Dixital (Indra - 1 charla) [15-18 anos]
- Transformación dixital (Indra - 4 charlas) [16-18 anos]
Período de inscrición: Aberto desde o 28/02/2020
Período de celebración das charlas: De marzo a xuño de 2020
Alumnado dos centros educativos galegos