A Aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía
Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e/ou en colaboración con outros organismos.
Relatorios sobre ciencia, tecnoloxía e as oportunidades que se abren tras a obtención dunha titulación universitaria.
“A Aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía” busca amosar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudiados.
A xornada contará coa participación de dez mulleres que traballan en diversos campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial. A actividade, de carácter dinámico e interactivo, desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e a rapazada, pais e nais asistentes do evento, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas discutidos.
Programa da xornada – 27 de setembro de 2024, de 16 a 20h
- 16:00 – Recepción
- 16:30 – 17:00 - Presentación da xornada e do programa de mentorización
- Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA
- 17:00-17:40 - Ciencia e empresa - Sons submariños - Mediciña personalizada - Aprendizaxe e tecnoloxía - Láser na conservación do patrimonio
- 17:40-18:10 - Saídas da enxeñeiría naval - Emprendemento con base científica - Antropoloxía e tecnoloxía - Vocacións STEM
- 19:30-20:00 – Peche da xornada
Actividade impulsada por Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Asociación de mulleres investigadoras e tecnolóxicas (AMIT Galicia).
Rapaces e rapazas de 14 a 17 anos, nais e pais.