Acerca-T – DigiTalent

Impulsada por Televés, S.A.

Actividade orientada a estudantes de ESO e Bacharelato e vertebrada a través dunha unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa que visitará centros educativos galegos.

Obxectivos: 
Captar e espertar novas vocacións na área das TIC familiarizando ao alumnado coas tecnoloxías.
En qué consiste: 

Acerca-T é unha actividade coa que a empresa Televés visitará coa súa unidade móbil os centros educativos da ESO e Bacharelato para achegar aos seus alumnos e alumnas as novas tecnoloxías e así captar o seu interese e orientalos cara o ámbito TIC. A través dunha charla introdutoria e a visita á unidade móbil para coñecer de cerca o equipamento e material de telecomunicacións así como robots deseñados e fabricados pola empresa, o fin é familiarizar ao alumnado e espertar novas vocacións STEM.

A unidade móbil visitou centros educativos de Galicia das catro provincias galegas para servir como localización accesible para todos os/as nenos/as da área de influencia.
 

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
Pechado
Lugar de celebración: 
A actividade celebrarase nos centros educativos e instalacións de Televés
A quen vai dirixido: 

Alumnado de ESO e Bacharelato

Idade mínima: 
12
Idade máxima: 
18
Datas: 
Do 01/02/2019 - 09:00 ata o 26/02/2019 - 15:00