DigiTalent – Aberto o prazo de inscrición á II Edición GenTech

Data: 
Xov, 20/02/2020 - 11:00
Cartel de GenTech.

Durante a I Edición GenTech, máis de 900 estudantes de bacharelato de toda Galicia, participaron nas charlas que os profesionais de Altia ofreceron nos seus centros, para mostrar como é o traballo nunha empresa TIC e como descubriron a súa vocación tecnolóxica. 

Obxectivos de GenTech: potencia ou teu xene

GenTech ofrece a posibilidade de coñecer de primeira man experiencias de profesionais de distintos ámbitos académicos, para dar visibilidade ao talento e ás distintas habilidades que se poden desenvolver mediante as vocacións STEM dentro dunha empresa TIC. 

En que consiste a actividade?

Trátase de compartir un espazo de conversación dinámica e real no que achegar experiencias e resolver dúbidas sobre o salto ao mundo profesional.

Pretendemos romper as barreiras para achegar as profesións tecnolóxicas aos estudantes de bacharelato, co fin de desmontar estereotipos, romper a brecha de xénero das vocacións STEM, resolver posibles dúbidas do mundo profesional do sector TIC e presentar o traballo diario da empresa. 

Os encargados de impartir as charlas GenTech

Os profesionais de Altia visitarán o seu centro co fin de trasladar a súa visión, o seu talento e a paixón pola súa profesión. Unha charla próxima e directa cos profesionais de Altia, permite achegar a mocidade ao tecido empresarial, coñecendo distintos perfís, postos e tarefas dentro dunha empresa tecnolóxica. 

Datas de celebración 

O programa de charlas terá lugar entre o 1 de marzo e o 30 de abril do 2020. 

Inscrición 

Se está interesado, pode confirmar a inscripción na web do programa https://www.altia.es/es/gentech antes do 28 de febreiro.

Finalizado o período de inscrición, poranse en contacto con vostede para propoñer unha data no período de preferencia solicitado que mellor se axuste ao plan formativo do seu centro. 
 
Correo electrónico de contacto: gentech@altia.es 
Pode visitar o programa na web GenTech