A Amtega convoca preto de 800 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

- Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
- Debido a súa alta demanda, se duplican tanto o número de prazas como as quendas de realización con respecto á edición realizada no primeiro semestre.
- Os exames presenciais celebraranse os días 3, 4 e 5 de novembro nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) oferta un total de 786 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
A inscrición a estas probas remata o xoves 30 de setembro e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
As probas presenciais celebraranse os días 3, 4 e 5 de novembro en 96 quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 44 concellos, que suman un total de 786 prazas dispoñibles:
Abegondo, Ames, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Burela, Carballedo, A Fonsagrada, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, O Barco, A Bola, Castro Caldelas, Celanova e Leiro na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.
Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación no próximo ano con novas convocatorias semestrais de cursos de teleformación titorizada con exame final e de probas presenciais na modalidade autoformativa
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 10.600 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (3.024 en cursos de teleformación titorizada e 7.590 en probas presenciais de acceso libre) e 4.565 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar as probas convocadas nas aulas da rede CeMIT.
A estes datos hai que engadir as máis de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 3, 4 e 5 de novembro de acordo co seguinte calendario:
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Abegondo |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
10 |
Ames |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
7 |
Cerceda |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
6 |
Coruña, A |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
10 |
Porto do Son |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
5 |
Ribeira |
Coruña, A |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
8 |
Carballedo |
Lugo |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
3 |
Lugo |
Lugo |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
8 |
Bola, A |
Ourense |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
6 |
Celanova |
Ourense |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
9 |
Campo Lameiro |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
7 |
Lalín |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
12 |
Moaña |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
7 |
Poio |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
5 |
Tomiño |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
9 |
Valga |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
6 |
Vigo |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
8 |
Vilagarcía Arousa |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
10:00 |
10 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Fonsagrada, A |
Lugo |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
10 |
Lugo |
Lugo |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
8 |
Bande |
Ourense |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
6 |
Barco, O |
Ourense |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
6 |
Bola, A |
Ourense |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
6 |
Cuntis |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
8 |
Pontevedra |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
12 |
Tomiño |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
9 |
Vilagarcía Arousa |
Pontevedra |
Mércores, 3 de novembro |
12:00 |
10 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Abegondo |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
10 |
Ames |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
7 |
Brión |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
10 |
Coruña, A |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
10 |
Pontedeume |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
8 |
Porto do Son |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
5 |
Ribeira |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
8 |
Santiago de C. |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
9 |
Barreiros |
Lugo |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
6 |
Carballedo |
Lugo |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
3 |
Guitiríz |
Lugo |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
14 |
Bola, A |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
6 |
Lalín |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
12 |
Moaña |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
7 |
Poio |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
5 |
Tomiño |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
9 |
Vigo |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
10:00 |
8 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Santiago de C. |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
9 |
Burela |
Lugo |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
5 |
Bande |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
6 |
Barco, O |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
6 |
Bola, A |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
6 |
Cuntis |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
8 |
Lalín |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
12 |
Pontevedra |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
12 |
Tomiño |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
9 |
Valga |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
12:00 |
6 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Coruña, A |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
10 |
Fisterra |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
6 |
Ortigueira |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
7 |
Pontedeume |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
8 |
Santa Comba |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
12 |
Santiago de C. |
Coruña, A |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
9 |
Vicedo, O |
Lugo |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
4 |
Bola, A |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
6 |
Castro Caldelas |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
8 |
Celanova |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
9 |
Leiro |
Ourense |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
4 |
Cañiza, A |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
18 |
Cuntis |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
8 |
Moaña |
Pontevedra |
Xoves, 4 de novembro |
16:00 |
7 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Ames |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
7 |
Boiro |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
10 |
Brión |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
10 |
Cerceda |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
6 |
Fisterra |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
6 |
Narón |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
9 |
Oroso |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
10 |
Ortigueira |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
7 |
Carballedo |
Lugo |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
3 |
Guitiríz |
Lugo |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
14 |
Monterroso |
Lugo |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
11 |
Celanova |
Ourense |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
9 |
Estrada, A |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
10 |
Moaña |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
7 |
Poio |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
5 |
Pontevedra |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
12 |
Tomiño |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
9 |
Vigo |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
10:00 |
8 |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE |
PROVINCIA |
DÍA |
HORA |
Nº PRAZAS |
Boiro |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
10 |
Narón |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
9 |
Oroso |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
10 |
Santa Comba |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
12 |
Vimianzo |
Coruña, A |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
5 |
Monterroso |
Lugo |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
11 |
Cuntis |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
8 |
Guarda, A |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
6 |
Marín |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
10 |
Tomiño |
Pontevedra |
Venres, 5 de novembro |
12:00 |
9 |