GenTech – DigiTalent
Impulsada por Altia Consultores, S.A.
Programa centrado na presentación de proxectos de base tecnolóxica para estudantes de Bacharelato, que lles permita coñecer as opcións profesionais e a realidade do sector TIC.
VII edición do GenTech, unha actividade destinada a centros educativos que imparten 1º e 2º de bacharelato para dar a coñecer aos seus alumnos e alumnas a importancia dos profesionais TIC e as oportunidades laborais que existen actualmente.
Os centros inscritos contarán cunha sesión GenTech para dar a coñecer as oportunidades no mercado laboral actual e futuro vencellado ao mundo TIC, achegando as profesións dixitais aos estudantes. Mediante a presentación de proxectos de base tecnolóxica, estas sesións dixitais contarán coa participación de profesionais de Altia, que expoñerán en primeira persoa a súa experiencia desde unha perspectiva real, práctica e inspiradora, creando un espazo aberto para a conversa co alumnado co obxectivo de espertar o seu xene tecnolóxico.
- Datas de inscrición: Ata o 31 de xaneiro de 2026.
- Datas de celebración: Do 2 de febreiro de 2026 ao 30 de abril de 2026.
Alumnado de 1º e 2º de bacharelato