Mática Campamento Tecnolóxico

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Talleres dirixidos a rapazas nos que se comparten coñecementos, contidos e ferramentas sobre tecnoloxías dixitais.
 

Obxectivos: 
Potenciar as vocacións tecnolóxicas e fomentar o atractivo das profesións dixitais entre as mozas.
En qué consiste: 

Mática é unha iniciativa que pretende crear unha comunidade de mozas pertencentes a distintas localidades con intereses TIC, como creadoras e futuras desenvolvedoras de tecnoloxía. O campamento tecnolóxico Mática estruturase a través de talleres dirixidos por profesoras e investigadoras das tres universidades galegas nos que, por grupos de idade (1º a 3º da ESO e 4º da ESO, Bacharelato e FP), se exploran temáticas relacionadas coas novas tendencias tecnolóxicas e onde se lles proporcionan:

  • Ferramentas e contidos que lles permita ver a tecnoloxía e as súas aplicacións na sociedade.
  • Coñecemento de mulleres do sector TIC, de distintos ámbitos (empresarial, administración pública, docente), as súas experiencias vitais e as súas visións profesionais.
  • Información e coñecemento que lles permita decidir a súa futura carreira profesional.

As actividades previstas na iniciativa Mática desenvolveranse de xuño a outubro.

Primeira rolda de xornadas: O 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 9.30 a 14.30h coas seguintes temáticas confirmadas:

  • Taller de Intelixencia artificial.
  • Taller de programación móbil.
  • Taller de robótica.
  • Taller de pensamento computacional.

Lugar de celebración:

  • Campus da Coruña: Facultade de Informática da Coruña.
  • Campus de Ourense: Escola Superior de Enxeñería Informática.
  • Campus de Santiago: Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
  • Campus Online, con actividades de conexión remota.

Datas de inscrición: Do 17/06/2021 ao 24/06/2021.

Ademais, celebraranse charlas sobre a Enxeñaría Informática como profesión.

Segunda rolda de talleres: O 27, 28 e 29 de outubro, de 18 a 20 horas, coas seguintes temáticas:

  • “As posibilidades da informática: desde TikTok ata o ADN”, impartido por Defina Ramos Vidal.
  • “Construíndo aplicacións móbiles con AppInventor”, impartido por Paloma Piot.
  • “Introdución á Visión Artificial con Python e OpenCV”, impartido por Lucía Ramos García. 

Lugar de celebración: 

  • Presencial, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC). 
  • En liña, a través da plataforma Zoom.

    Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega.

    Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
    Estado: 
    Pechado
    Lugar de celebración: 
    Modalidade mixta: Presencial e online
    A quen vai dirixido: 

    Rapazas de 12 a 18 anos

    Idade mínima: 
    12
    Idade máxima: 
    18
    Datas: 
    Do 17/06/2021 - 09:00 ata o 29/10/2021 - 20:00
    Arquivos: 
    AnexoTamaño
    PDF icon Programa Mática outubro 20211.35 MB