Programa AceleraTIC

Impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Programa formativo orientado a directivos de pemes galegas para a adquisición dos coñecementos e habilidades precisas para impulsar procesos de transformación dixital na súa organización.

Obxectivos: 
Achegar aos directivos das pemes galegas as claves e principais novidades no ámbito dixital
En qué consiste: 

O Programa “Destino: Peme Dixital” consiste nun itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro. O programa abarca tres tipos de actuacións adaptadas ás realidades de cada negocio:

  • DixitalOn: Motivación para a Transformación Dixital: programa de actividades de capacitación e divulgación baseadas en dinámicas de grupo innovadoras,  dirixidas a autónomos e micropemes co fin de explorar as motivacións de impulsar a transformación dixital dos seus negocios e mellorar a súa competitividade. Están programadas dúas estadías:

PERÍODO DE INSCRICIÓN: PECHADO

  • AceleraTIC: Constrúe o camiño da transformación dixital: esta actuación ofrece ás pemes unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito. Consta de catro sesións formativas en temas relativos a ferramentas de transformación dixital con relatores expertos na materia e ademais ofrece sesións de titorización/consultoría para cada asistente co fin de establecer a folla de ruta a seguir na materia abordada.

PERÍODO DE INSCRICIÓN: PECHADO

  • eLeaders ToDixital: Lidera a transformación dixital: programa formativo destinado a persoal executivo que posibilite un cambio de “mindset” das empresas cara un pensamento “dixital” aliñado ás necesidades estratéxicas.

PERIODO DE INSCRICIÓN: Desenvolvemento previsto para o primeiro trimestre de 2019

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en colaboración con outras organizacións
Estado: 
En curso
Lugar de celebración: 
Cidade da Cultura – Santiago de Compostela
A quen vai dirixido: 

Directores xerais, xerentes, propietarios de empresas ou persoal de carácter directivo

Datas: 
Do 01/10/2018 - 09:00 ata o 31/03/2019 - 20:00