The North Codes – DigiTalent

Impulsada por DXC TECHNOLOGY SPAIN S.A.

Concurso de programación de videoxogos utilizando a tecnoloxía Scratch dirixido a estudantes que se encontren cursando desde 5º de primaria ata 4º de secundaria.

Obxectivos: 
Achegar aos nenos e nenas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas dunha forma divertida, atractiva e fácil de desenvolver.
En qué consiste: 

The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. Trátase dun concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.

Quen pode participar? O concurso vai dirixido a estudantes que se encontren cursando entre 5º de primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º e 6º de primaria xunto con 1º de ESO) e Senior (2º, 3º e 4º de ESO).

Que hai que facer? Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019 e entregarase a través da web do concurso. Posteriormente o xurado, formado por voluntarios de DXC Technology, avaliará todos os traballos en base á creatividade, orixinalidade, precisión, méritos técnicos e boas prácticas de programación.

Por que participar? Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!

 

Todos os requisitos e normas encóntranse dispoñibles en: http://thenorthcodes.com/

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
Estado: 
En curso
Centros educativos (entrega de proxectos a través da web do concurso do 10 de maio de 2019 ao 20 de maio de 2019)
A quen vai dirixido: 

Estudantes que cursen desde 5º de primaria ata 4º de secundaria

Idade mínima: 
10
Idade máxima: 
15
Arquivos: 
AnexoTamaño
PDF icon Cartel3.5 MB
PDF icon Invitación de participación144.58 KB
PDF icon Información parental91.95 KB