Hackathon CEIN Big Data e Analytics
Impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Evento orientado a unir a un equipo de analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas co fin de elaborar unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto exposto con anterioridade.
O Hackathon CEIN Big Data e Analytics intenta reunir a equipos de analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes no ámbito da Intelixencia Artificial, Big Data e Analytics para ofrecerlles a oportunidade de competir durante dous días co fin de elaborar unha solución tecnolóxica baseada nestas tendencias que dea resposta a un reto que se define inicialmente.
Esta edición do Hackathon expón o reto de crear ferramentas de apoio para a toma de decisións para que, diferentes perfís de usuarios, poidan levar a cabo as súas actividades ao aire libre nas condicións máis favorables. Para iso, as ferramentas deben ter en conta as variacións esperadas, nos parámetros atmosféricos e marítimos, debidas ao cambio climático. As fontes de datos, proporcionadas por Intecmar e Meteogalicia, e a forma de acceso aos mesmos proporcionaranse aos participantes cando realicen o rexistro.
- Celebración do Hackathon: 06/03/2020 e 07/03/2020
- Lugar de celebración: Sede do CEIN de DXC Technology na Cidade da Cultura de Galicia
A inscrición faise na web www.hackathon-cein.com cubrindo o formulario habilitado a disposición dos interesados.
Período de inscrición: Aberto
Analistas, universitarios, emprendedores e outros interesados na IA, o Big Data e Analytics.